Sentes malestar, estaste enfrontado a moitas dificultades, necesitas un cambio que mellore a túa vida, tes problemas con outra persoa… Estas son algunhas situacións nas que che podemos axudar:
Tristeza, baleiro, irritabilidade, desmotivación...
Preocupacións, medo,
frustración, pánico...
Preocupación ou medo por ter ou contraer unha enfermidade…
Pensamentos obsesivos
Tartamudez ou bloqueos que te levan a evitar situacións...
Adaptación a situacións e realidades difíciles...
Crises, dificultades na convivencia, discusións...
Optimiza os teus recursos, traballamos para motivarte. Acada as túas metas!
Axudámosche a encontrar as ferramentas para resolver as túas dificultades dende a colaboración, a responsabilidade e o compromiso.
Entérate das nosas novidades, formacións e eventos.
Con moita ilusión damos a benvida a Adrián Giraut, especialista en Nutrición e Dietética. Se buscas mellorar a túa saúde dixestiva, potenciar o teu rendemento físico ou controlar o teu peso; atoparás en Adrián un acompañamento profesional e personalizado para alcanzar os teus obxectivos. Coidar da túa saúde tamén é aprender a alimentarte mellor. Podes contactalo no teléfono 614 514 573.
Do 2 ao 16 de outubro do 2026 impartirei, dende a UNED de Ferrol, o curso de extensión universitaria Psicoterapia a distancia. Do teléfono á intelixencia artificial. Máis información e matrícula na seguinte ligazón: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/50593
Do 10 ao 24 de abril do 2026 imparitei dende a UNED de Ferrol o curso de extensión universitaria Intervencións psicolóxicas para coidadores familiares. Máis información e matrícula na seguinte ligazón: https://extension.uned.es/actividad/50201
Participamos na 12 Conferencia Internacional Saúde, Benestar e Sociedade celebrada en Johannesburg (Sudáfrica), coa conferencia A relación terapéutica nas consultas presenciais de psicoloxía durante a pandemia de COVID-19: a perspectiva dos profesionais
Impartimos na Universidade Nacional de Educación a Distancia o curso de extensión universitaria Telepsicoloxía: opcións e adaptacións fronte á terapia presencial
Paramos unhas semanas para descansar. Volveremos a estar dispoñibles a partir do 2 de setembro. Feliz verán!
Ponte en contacto con nós!
Estaremos encantados de axudarche.
(+34) 881 081 058
Avda. de Romero Donallo 1, Entpta. 1 A.
15706 Santiago de Compostela
Colexiada do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia G-4082
Nº de Rexistro Sanitario C-15-003744